www.xosetomas.es
www.xosetomas.blogspot.com
XOSÉ TOMÁS (Betanzos, 1971) Ilustrador, humorista gráfico, guionista e profesor de ensino secundario no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal (inglés).
O groso da súa obra sitúase na ilustración infantil e xuvenil: O caderno azul (Xerais), El niño que tenía miedo de los robots / El robot que tenía miedo de los niños (Edebé), María é Maior (Baía), O pirata Metepata (Baía), Sabeliña e os ratos (Galaxia), Contos de reis e de nadal (Xerais), O afundimento do Tiránic (Baía), Misterio en Guernica (Baía), O soñador (Baía), Un fantasma en el colegio (Edebé), O monstro dos Ancares (Galaxia), Orballo da mañá (Baía), Un marciano neste mundo (Baía), O lume dos soños (Baía), O tempo ao revés (Baía), Boasorte (Baía, A Coruña), Carolina e os caracois (Baía), Flis-fli-ris-flas (Galaxia), Cando eu saiba ler (Galaxia), Quero que veñan meus pais! (Embora), O arco da vella (Xerais), El gran libro de relatos de Piratas y corsarios (Parramón), Rodribico e a noite (Baia), Rodribico aprende a voar (Baía), Rodribico e o mar (Baía), Rodribico vai ao circo (Baía), Rodribico visita a cidade (Baía), Antón, si tal! (Baía), Chispo, o esquío que venceu ao frío (Galaxia), O souto escuro e perigoso (Xerais), Cos ollos do avó (Embora), Os amigos de Santi (Galaxia), Vou ter un irmán (Galaxia), Jo de major vull ser... (Bromera), Lluvia de ranas (Planeta), Choiva de ras (Xerais) Exeria, nos límites do mundo (AS-PG), O peizoque Roque (Galaxia), Verdedades (Biblos), Universo Pitágoras (Biblos), O agasallo de Anya (Galaxia), Fadita fosca! (Baía), O grilo Míllelo (Embora), A burra Ramona (Baía), Palabras de Mar (Embora), Manual de Educación (Nova Galicia), Manual del Bullying (Nova Galicia), Manual de Seguridad Vial (Nova Galicia), Coller as rendas (Xerais), Manual de Escola (AS-PG, con prólogo de Francesco Tonucci), Fantasía coas palabras (Galaxia), El tebeo mágico (Rosetta Studio), Guía do museo (MUNCYT – A Coruña), O país da choiva (Nova Galicia, en vías de impresión), O Gatipedro (Baía), O segredo da vella librería (Galaxia), O día do globo (QUINCE300, en vías de impresión) entre outros, ademais de libros de texto para diferentes editoras (Baía, Anaya, Xerais, Rodeira).
En banda deseñada realiza a obra “Tolos”, para a Universidade da Coruña, e tamén “Compañeiros”, encargo da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, así como o Proxecto Terra (Colexio de Arquitectos de Galicia), A Historia nunca contada de Mendel (Fundación Barrié), Historias de Betanzos, tomos I e II (Concello de Betanzos), Nómades (Galaxia), a serie Preventigirl (Fundación Fesan), ou Animalia (Xerais).
Ten publicado asiduamente viñetas cómicas para La Voz de Galicia, con tiras diarias e sección propia, “Os Peteiro”; tamén fai humor gráfico para as revistas Tempos Novos e a Revista Galega de Educación (coa sección “Docentes-doentes”), e publica as series “Roberto Rosetta e os investigadores do sobrenatural” (Diario de Pontevedra, El Progreso), “Luzbell, o demo bombilla” (Diario de Pontevedra), “Narciso and Friends” (Diario de Pontevedra). Publicou asiduamente na revista Golfiño, de Edicións Xerais e posteriormente de La Voz de Galicia. Igualmente, ilustrou a totalidade da revista PLIS-PLAS, da Radio Galega.
Traballa o cartelismo, e en ocasións a súa vertente didáctica, e estende o seu labor ao mundo dos materiais multimedia, con traballos como Flis-fli-ris-flas CDRom (Galaxia), www.cooperativasdegalicia.com, A Estrada Dixital (Concello da Estrada), Portal Contidos Educativos (Consellería Educación - Xunta de Galicia), Dicionario Visual Interactivo (Consellería de Educación - Xunta de Galicia), Guía de primeiros auxilios (061), Prevenio (Protección Civil – Galicia), A Guerra das Bruxas (Edebé-Rodeira), Visita o teu Campus (Universidade da Coruña), CaminANDO (DGT - Ministerio del Interior), entre outros. Recentemente ten ilustrado o xogo didáctico PEREGRINUS, de Galileo Nenos.
En 2010 a Asociación de Editores de Galicia concedeulle o Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor album ilustrado do ano. En 2013 e 2016 recibe o premio Frei Martín Sarmiento, e en 2011 o Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador do ano. En 2016 o Concello de Betanzos concédelle o Premio Garelos de Cultura. En 2017 o Clúster Galego da Comunicación outórgalle o Premio Paraguas ao mellor libro infantil do ano.
Imparte con regularidade obradoiros de ilustración e banda deseñada en bibliotecas, concellos, e centros de ensino primario e secundario para profesores e alumnos, e colabora na formación dos docentes (a través dos Centros de Formación do Profesorado e de movementos de renovación pedagóxica) nos usos didácticos do cómic e a ilustración. Ten sido enviado pola Xunta de Galicia como ilustrador infantil á Feira do Libro de La Habana para presentar o panorama da ilustracion infantil e impartir diversas charlas e obradoiros didácticos. Así mesmo, a Embaixada de España en Nixeria convocouno para impartir un curso de ilustración infantil a profesionais nixerianos, e ten intervido no ano 2010 no Colexio Español de Lisboa coa celebración de actividades didácticas a escolares arredor da ilustración e o cómic. En 2012 é convidado por Gálix (subsección do IBBY) a impartir un relatorio no congreso de IBBY en Londres sobre o papel da ilustración na tradución da literatura infantil galega, e en 2014 é seleccionado pola Xunta de Galicia e a AGPI como ilustrador convidado á FEIRA DO LIBRO DE FRANKFORT, onde imparte charlas e obradoiros arredor da ilustración e a banda deseñada. É membro do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega.
En 2013 creou, xunto con BIBLOS CLUBE DE LECTORES, os obradoiros de ilustración e banda deseñada BIBLOS, que se imparten de maneira ininterrumpida durante todo o ano na libraría BIBLOS, de Betanzos. Ese mesmo ano botou a andar, xunto co escritor Miguel Vázquez Freire, a escola de ilustración O Neno Amarelo, en Santiago de Compostela. En 2017 conduce a escola de ilustración do Centro Xove de Almáciga, do Concello de Santiago. Dende 2012 forma parte do grupo DIVERXE, xunto con Yolanda Castaño, Marcos Calveiro e Miguel Vázquez Freire, levando a centros de ensino cursos e obradoiros creativos arredor da imaxe e da palabra.
En 2018 é convidado a expoñer a súa obra no festival de cómic VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO, de A Coruña.