Os OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN e BANDA DESEÑADA, da Libraría BIBLOS, pretenden ir máis aló da mera aprendizaxe de técnicas de debuxo e pintura.
Desexamos que se convirtan nun espazo de estimulación da creatividade a través da imaxe, en moitas das súas modalidades. E a través da imaxe, chegar á xeografía, ao mundo natural, á tecnoloxía, á fantasía e mesmo á historia. A ilustración e a banda deseñada son dúas artes intimamente relacionadas coa literatura, e por iso traballamos a imaxe conxuntamente coa palabra, porque ambas se enriquecen. |
Desexamos crear para Betanzos un espazo de creación adicado os máis pequenos e á xente nova, onde poidan atopar canles para proxectar a súa enerxía creativa, e onde, coa axuda dun profesional, cultiven esas linguaxes que todos traemos de nacemento e que, ás veces, os sistemas educativos non miman suficientemente.
O factor sorpresa, a curiosidade polo descubrimento e o pracer da creación serán os paradigmas que marquen o noso traballo en cada sesión.
O factor sorpresa, a curiosidade polo descubrimento e o pracer da creación serán os paradigmas que marquen o noso traballo en cada sesión.