PROGRAMA:
· Os tipos de libros ilustrados: libros de imaxes, abecedarios, poemarios, contos, libros mudos, documentais, álbum, etc. Exemplos de todas as tipoloxías.
· As partes do álbum ilustrado e as súas posibilidades para a historia visual: as gardas, as portadiñas, as capas. Pequenas prácticas de ilustracións destes elementos.
· Ilustrando textos. O diálogo entre os dous medios : a palabra e a imaxe. Práctica de ilustración de textos, e de recreación textual de imaxes. Análise de autores salientables: Shaun Tan, Josse Goffin, …
· As potencialidades da ilustración como “enriquecedora” da linguaxe textual: prácticas con microtextos, haikus, etc.
· Ilustrando a música: as paisaxes sonoras.
· A ilustración de figuras retóricas: metáforas, hipérboles, paralelismos, metonimias, …
· A creación dos personaxes: a coherencia ao longo da obra, os trazos psicolóxicos e físicos. Xogos creativos: animalizamos persoas, personificamos animais. Análise da serie BLACKSAD.
· A importancia da cor como elemento narrativo. O uso simbólico da cor na obra.
· As atmosferas, a documentación.
· As potencialidades da obra ilustrada cos lectores miúdos: a lectura da imaxe en idades temperás, na casa, na escola.
TEMPORALIZACIÓN:
Curso de 10 horas, repartidas en cinco días (dúas horas cada día).
DATAS: 26, 27 e 28 de decembro de 2013, 2, 3 de xaneiro de 2014
HORARIO: de 19:00h. a 21:00h., na Libraría BIBLOS de Betanzos
DINÁMICA DAS SESIÓNS:
Alternancia entre a explicación teórica (sustentada con proxección de obras e exemplos), a realización de múltiples prácticas, así como o debate arredor de materiais e recursos (que se utilizarán como exemplos).
PRODUTO FINAL:
Realizarase unha pequena exposición na LIBRARÍA BIBLOS de Betanzos dos traballos realizados ao longo do curso.
MATERIAIS:
Incluídos na matrícula. Só é preciso traer unha libreta de debuxo cada participante.
MATRÍCULA:
40 EUROS.
COMO INSCRIBIRSE:
PRAZO LÍMITE DE INSCRICIÓN: Sábado 21 de decembro de 2013. PRAZAS LIMITADAS
Na Libraría BIBLOS (Rúa Santiago, 4 – Betanzos - Teléfono 981 77 18 16) - [email protected]
Ou cubrindo este FORMULARIO: