REDESCUBRÍNDONOS
Neste curso que aínda remata esta semana estamos a traballar con entusiasmo, e sobre todo (pola miña parte) cun enorme respecto á traxectoria duns e outros alumnos/as. Dende persoas autodidactas, pasando por xente do mundo da formación, a alumnos de secundaria portentosos, e mesmo cunha ilustradora como Irene Sanjuán (que mesmo tivo a xenerosidade de amosarnos procesos propios de produción en obras súas). As aportacións deles son tan enriquecedoras, que es mesmo reviso os meus preconceptos cada día, e descubro, coma un máis, o fantástico deste medio como é a banda deseñada. Teorizamos, estudamos mil exemplos, analizamos obras sobre a mesa, rastrexamos exemplos destacables, producimos píldoras creativas, e falamos moito, moito. E rimos moito tamén. Creo que nunca o pasei tan ben nun curso deste tipo!

PROGRAMA:
TEMPORALIZACIÓN:
Curso de 10 horas, repartidas en cinco días (dúas horas cada día).
DATAS: 12, 14, 15, 16, 19 de abril de 2014
HORARIO: de 19:00h. a 21:00h., na Libraría BIBLOS de Betanzos
DINÁMICA DAS SESIÓNS:
Alternancia entre a explicación teórica (sustentada con proxección de obras e exemplos), a realización de múltiples prácticas, así como o debate arredor de materiais e recursos (que se utilizarán como exemplos).
MATERIAIS:
Incluídos na matrícula. Só é preciso traer unha libreta de debuxo cada participante.
MATRÍCULA:
40 EUROS.
COMO INSCRIBIRSE:
PRAZO LÍMITE DE INSCRICIÓN: Sábado 11 de abril de 2014. PRAZAS LIMITADAS
Na Libraría BIBLOS (Rúa Santiago, 4 – Betanzos - Teléfono 981 77 18 16) - [email protected]
ESGOTADO O PRAZO DE INSCRICIÓN
- As orixes da banda deseñada: Yellow Kid, Little Nemo, …
- Os códigos da Banda Deseñada: viñetas, bocadillos, secuencias, raccord, etc.
- A elipse narrativa, os silencios. As secuencias mudas e o seu potencial evocador.
- As montaxes de páxinas en Banda Deseñada.
- O guión da Banda Deseñada. Exercicios prácticos conxuntamente co debuxo.
- Os planos cinematográficos na Banda Deseñada. Un paseo pola súa arte irmá, o cine: planos, encadres, movementos de cámara.
- Creamos microhistorias en Banda Deseñada.
- O personaxe, a súa creación, a súa coherencia e evolución.
- A banda deseñada e a historia. Un ejemplo: o proceso de creación de “Historias de Betanzos”. Notas de autor, guión, bocexos de páxinas, acabados.
- Análise de obras de autores destacados: Miguelanxo Prado, Abolin & Pont, Cyril Pedrosa, Gipi, etc.